Tráfico establecerá un operativo especial de seguridade viaria para o Resurrection Fest

Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 1 julio 2019 16:29

LUGO 1 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Guardia Civil desenvolverá un operativo especial de seguridade viaria con motivo da celebración na localidade lucense de Viveiro do festival Resurrection Fest, polo que reforzará os servizos para detectar "todas aquelas condutas que afectan en maior medida á seguridade viaria como son o consumo de alcol e/ou drogas e conducións temerarias".

Segundo informou o Instituto Armado, o dispositivo comezará antes da apertura do festival o mércores 3 de xullo e manterase activado até o luns día 8, ao día seguinte á súa finalización --termina na madrugada do sábado ao domingo--.

En concreto, controlarán as principais vías de acceso á localidade de Viveiro (LU-540 e LU-862), as cales "soportarán a maior carga de tráfico dos asistentes ao festival", puntualizan as mesmas fontes, así como aquelas de menor entidade (LUP-6601, LUP-6602, LUP-6606 e LUP-6402), as cales serán principalmente utilizadas para efectuar os traxectos de ligazón entre os puntos de campamento ou pernoctación e Viveiro.

O operativo especial disporá da realización de numerosos puntos de detección de alcol e/ou drogas, controis de velocidade e vixilancia da circulación mediante vehículos camuflados.

Ao mesmo tempo, a Benemérita incidiu en que "se pretende dar cobertura adecuada" a aquelas incidencias "que puidesen xurdir con ocasión de todos os desprazamentos que se prevén", como accidentes ou auxilios, entre outros.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado