SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 Sep. (EUROPA PRESS) -
Unha persona tivo que ser evacuada en helicóptero tras envorcar o camión no que viaxaba na N-640, ao seu paso por Pousada, no municipio lucense da Pastoriza.
Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 13.50 horas deste sábado e foi un particular o que deu a voz de alarma.
A central de emerxencias mobilizou aos Bombeiros de Vilalba, ao GES da Pontenova, á Garda Civil, a Protección Civil e aos profesionais sanitarios.
Unha vez no punto, os efectivos de emerxencias confirmaron que o condutor estaba atrapado e tiveron que facer uso do material de excarceración.
Pola súa banda, os profesionais sanitarios trasladaron ao ferido a bordo do helicóptero medicalizaco con base en Ourense até o hospital de referencia.