Trasladada unha muller de 29 anos e un menor despois de sufrir unha saída de vía en Touro (A Coruña)

Europa Press Galicia
Publicado: sábado, 4 julio 2026 10:30

    SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Jul. (EUROPA PRESS) -

   A saída de vía dun turismo en Touro (A Coruña) deixou a dúas persoas feridas, unha muller de 29 anos e un menor, que tiveron que ser trasladados ao hospital polos servizos sanitarios.

   Tal e como trasladou o 112 Galicia, o accidente tivo lugar no quilómetro 9 da AC-960 en San Miguel de Vilar (Touro) minutos despois das 0.30 horas.

    Un particular alertou de que había unha persona atrapada e sinalou que o coche se atopaba nunha zona de silvas. Segundo ampliou o 061, os feridos tratábanse dunha muller de 29 anos e un menor de idade.

    Até alí desprazouse unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os bombeiros de Arzúa, a Garda Civil de Tráfico, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Touro e os servizos de mantemento da estrada.

   Os bombeiros procederon a excarcerar a unha das dúas persoas afectadas, que se atopaba inconsciente. Finalmente, ambas foron trasladados en ambulancia.

Contador

Contenido patrocinado