O TSXG admite a trámite o recurso do sindicato STEG contra o decreto do plurilingüismo

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 26 abril 2011 21:11

SANTIAGO DE COMPOSTELA 26 Abr. (EUROPA PRESS) -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) admitiu a trámite o recurso presentado polo Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia (STEG) contra o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario.

Segundo incide o sindicato, que cualifica a admisión de "boa noticia", a norma foi aprobada polo Goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo "en contra de todos os axentes sociais" e "vulnera" a Lei de Normalización Lingüística e o Estatuto de Autonomía.

Ademais, prosegue STEG, o texto "afonda na falta de competencia lingüística do alumnado" ao tratar "igual ao que é desigual", obviando "a necesaria discriminación positiva" para o idioma galego.

O organismo xudicial admitira a trámite hai uns meses o recurso presentado pola asociación A Mesa pola Normalización Lingüística contra esta norma.

Contenido patrocinado