TSXG dá a razón a CSIF e obriga a Xunta a incluír a interinos na carreira profesional de administración de xustiza

Archivo - Arquivo - Exterior do xulgado do Penal 2 de Pontevedra, Galicia.
Beatriz Ciscar - Europa Press - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 28 octubre 2021 18:00

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Oct. (EUROPA PRESS) -

   A Xunta estará obrigada a incluír ao persoal interino na carreira profesional para o corpo da administración de xustiza despois de que unha sentenza admitise parcialmente o recurso presentado por CSIF contra o acordo alcanzado entre o Goberno galego e os sindicatos SPJ-USO, UXT e CCOO en agosto de 2020.

   Nunha sentenza emitida o 27 de outubro e contra a que cabe recurso, a sección primeira da Sala do Contencioso-administrativo anula de forma parcial o pacto entre a Administración autonómica e as citadas organizacións sindicais ao entender que é contraria a dereito a esixencia da condición de funcionario de carreira para acceder ao réxime extraordinario do grao I da carreira profesional.

   Por tanto, obriga á Xunta a incluír aos funcionarioas interinos que conten con máis de cinco anos de antigüidade, aos que a sala concede o derecheo a participar no procedemento de acceso a este grao profesional "nas mesmas condicións económicas e administrativas que os funcionarios de carreira".

   Os maxistrados fan referencia á doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea e do Supremo, da que extrae que "resulta discriminatorio e vulnerador" do artigo 14 da Constitución española "o trato que se outorga ao persoal funcionario interino" da administración ao ser excluídos do acceso a estes graos e a posibilidade de percibir os complementos retributivos que corresponden.

   Por tanto, a sala sentencia que o réxime ha de ser "unitario", tanto para o persoal de carreira como para o interino, por tratarse dunha condición de traballo na que "a regulación ha de ser parella e homoxénea" para evitar "o risco de xerar un trato dispar vulnerador", en cumprimento isto último das directivas europeas e a Constitución Española.

    "O sistema de carreira profesional, como condición de traballo que é, aplíquese por igual ao funcionario de carreira e ao interino, pois o desenvolvemento e progresión no sistema de carreira depende da avaliación do desempeño das funcións, formación e outros méritos que se determinen", determina a resolución do TSXG.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado