Unha colisión múltiple na AP-9 en Vigo sáldase con seis persoas feridas, unha delas grave

Outro condutor tivo que ser asistido na Fonsagrada, após saírse da vía e caer o seu coche por un barranco

Archivo - Arquivo - A Axencia Galega de Emerxencias informa dun accidente de tráfico
AXEGA - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 8 abril 2026 9:26

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Abr. (EUROPA PRESS) -

Unha colisión múltiple rexistrada nas últimas horas na autoestrada AP-9, en Vigo, saldouse con seis persoas feridas, unha delas de carácter grave, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

O sinistro ocorreu sobre as 22.20 horas deste martes, na autoestrada ao seu paso pola parroquia de Cabral, e nel estiveron implicados cinco vehículos. A cadea de colisións iniciouse cando un dos vehículos parou na vía.

Ao baixar do coche, a condutora foi atropelada por outro vehículo que circulaba por ese punto. A partir de aí producíronse varios impactos: un segundo coche impactou contra o primeiro, un terceiro encaixouse contra a mediana e outros dous chocaron entre si após unha freada brusca. Unha das persoas feridas no accidente tivo que ser evacuada en estado grave.

No operativo participaron efectivos de Urxencias Sanitarias 061, Policía Local de Vigo, Garda Civil de Tráfico, bombeiros de Vigo e o servizo de mantemento da autoestrada.

ACCIDENTE NA Fonsagrada

Por outra banda, o 112 Galicia tamén informou doutro accidente, neste caso ocorreu na mañá deste mércores, na LU-P-1906, na Fonsagrada (Lugo).

Un particular que circulaba por esta estrada alertou a Emerxencias ao atoparse a un home que tivera un accidente e cuxo coche caera por un barranco no lugar de Pacios. Segundo informaba o alertante, o condutor conseguira chegar á estrada polos seus propios medios e atopábase en aparente bo estado.

O 112 Galicia mobilizou efectivos do 061 e da Garda Civil de Tráfico.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado