VIGO, 26 Sep. (EUROPA PRESS) -
Unha moza resultou ferida esta madrugada após verse involucrada nunha pelexa na zona de copas do Arenal, lugar concorrido as fins de semana, na cidade de Vigo.
Tal e como confirmou o Concello de Vigo a Europa Press, a moza, que presentaba feridas na cara, foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro, onde foi atendida.
Con todo, non se confirmaron nin detencións nin se coñecen aínda máis datos concretos sobre a pelexa.
Por outra banda, na mesma zona do Arenal, unha discoteca foi clausurada pola Policía Local após comprobar que se excedía o aforamento permitido para este tipo de locais.