A vertedura de áridos ao Tambre "non é contaminante" e non afecta ao abastecemento nin ás especies, segundo a Xunta

Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 5 abril 2023 15:29

SANTIAGO DE COMPOSTELA 5 Abr. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia remitiu un comunicado no que sinala que, segundo os datos que manexa nestes momentos Augas de Galicia, a vertedura de áridos ao río Tambre, após a ruptura dunha balsa dunha canteira en Frades (A Coruña) este luns, non está a afectar ás especies nin ao abastecemento de auga dos concellos.

Fontes autonómicas apuntaron que Augas de Galicia segue facendo "seguimento continuo" desa vertedura e que os seus técnicos se desprazaron para facer unha inspección da balsa. Respecto diso, explicaron que a vertedura non contén carga metálica e está controlada, e que a empresa se comprometeu a resolver a incidencia "o máis axiña posible".

Após avisar ao 112 para que comunicase a situación aos concellos afectados (pola captación de augas e para a adopción das medidas que fosen necesarias), os técnicos tomaron mostras do río para a súa análise.

Con todo, "pola información de que a dispón até agora Augas e Galicia", sinalaron desde a Consellería, a vertedura "non está a ter incidencia no abastecemento" dos municipios afectados e, á espera dos resultados do laboratorio, "non é contaminante".

Trátase de áridos que tampouco provocaron mortaldade nas especies, polo que "non se espera que tampouco teña afeccións nin ás augas da ría nin aos bancos marisqueiros". "A vertedura provocou turbidez e por ese motivo activouse o protocolo de alerta ás captacións de auga de Ames e Santiago, aínda que esa turbidez xa se reduciu moito no día de hoxe", informou a Xunta.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado