O xulgado número 2 Ferrol retomará a denuncia contra Alfonso Villares por suposta agresión sexual

Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 5 junio 2025 13:35

   FERROL, 5 Jun. (EUROPA PRESS) -

   O Xulgado de Instrución número dous de Ferrol retomará a denuncia contra o exconselleiro do Mar Alfonso Villares por un suposto delito de agresión sexual despois de que dimitise na xornada deste mércores.

   Dada a súa condición de aforado como membro do Goberno (á que el renunciou de forma expresa --tanto el como o resto dos seus compañeiros fóra de Diego Calvo e Román Rodríguez xa non tiñan actas de deputado no Parlamento de Galicia--) o xulgado remitiuno á Sala do Civil e Penal do TSXG.

    Agora, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) terá que devolver ao xulgado de instrución a denuncia presentada pola vítima, por un suposto delito contra a liberdade sexual.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado