Xulio Ferreiro, "moi satisfeito" polo arquivo da denuncia do PP pola compra de pisos: "Non todos somos iguais"

"Unha cousa pode ser que un expediente administrativo teña algún erro e outra cousa é corrupción", destaca o alcalde da Coruña

Xulio Ferreiro
EUROPA PRESS - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 15 febrero 2019 16:33

    A CORUÑA, 15 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, mostrouse "moi satisfeito" polo arquivo da denuncia do PP contra o seu Goberno municipal pola compra de pisos para vivenda pública. Unha demostración de que "non todos somos iguais", para o rexedor coruñés.

   A preguntas dos xornalistas con motivo da súa participación na protesta de traballadores de Isowat, o rexedor herculino indicou que este arquivo confirma "que unha cousa pode ser que un expediente administrativo teña algún erro e outra cousa é corrupción. Son cousas moi diferentes".

   "Temos que agradecerlle ao fiscal que os soubese ver", dixo o rexedor, quen quixo mandarlle un recado ao PP: "Aquí está a proba de que non todos somos iguais".

   Ferreiro acusou aos populares de "estar a tentar homologalos" e "facerlles ver á xente que 'todos somos iguais'": "Aquí esta a proba de que non todos somos iguais".

"ACTUAMOS CON BOA FE"

   Neste sentido, defendeu que desde o goberno local que encabeza actuouse "sempre con boa fe e respectando a legalidade". Aínda que, recoñece, "hai procesos administrativos onde ás veces as cousas non se fan de forma correcta".

   Para Ferreiro é "importante" a visión da Fiscalía que ante o "erro máis importante" --o da conversión de oficina en piso-- resulta que "a comisión actuou con boa fe" ao constatar que no mesmo edificio concedeuse o cambio de uso para vivenda no ano 2011 ao piso da beira da mesma planta do edificio.

   O rexedor apuntou que este piso, no seu momento, "fóra legalizado polo PP", o que creou un precedente que "fixo que a comisión actuase confiada en que anteriormente o PP tamén actuase na legalidade".

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado