A Xunta e Grupo Tojeiro presentan un escrito para a adquisición preferente das accións de Endesa en Reganosa

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 3 septiembre 2010 15:40

SANTIAGO DE COMPOSTELA 3 Sep. (EUROPA PRESS) -

A Xunta e o Grupo Tojeiro presentaron esta mañá senllos escritos ante o presidente de Reganosa relativos ao dereito de adquisición preferente das accións en venda, a participación do 21% que posúe Endesa.

Fontes da Consellería de Economía e Industria confirmaron a Europa Press que o Goberno galego presentou un escrito ás 11.30 horas e, a continuación, o fixo o grupo propietario da cadea de distribución Gadisa.

Así mesmo, constaron que a xunta xeral universal extraordinaria prevista este venres --na que Xunta prevía propoñer unha modificación dos estatutos de regasificadora-- non se celebrou pola ausencia de Endesa (21%), Sonatrac (10%) e Banco Pastor (5%).

Este tipo de convocatorias esixen a presenza da totalidade dos accionistas e, ante a ausencia dos representantes das tres sinaturas, a xunta non puido celebrarse. Non obstante, o departamento de Javier Guerra asegurou que esta cuestión non inflúe no anuncio da alianza entre Xunta e Grupo Tojeiro para manter a "galeguidade" de Reganosa.

Pola súa banda, a regasificadora mantén a convocatoria de xunta xeral extraordinaria prevista para o 20 de setembro, atendendo aos prazos establecidos e fixados con anterioridade, segundo aseguraron fontes da compañía a Europa Press.

Contenido patrocinado