A Xunta lanzará un bono de 50 euros para estimular o consumo de peixe fresco

Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 23 abril 2025 11:36

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Abr. (EUROPA PRESS) -

   O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou que a Xunta lanzará un bono para estimular o consumo de peixe fresco, dotado con 50 euros por persona ao longo de 10 semanas e ao que destinará un total de 2,5 millóns de euros.

   Na súa intervención no Debate Sobre o Estado da Autonomía, o presidente da Xunta explicou que o obxectivo é "animar á xente a volver consumir peixe" e que volvan ter " ese hábito".

   Tamén criticou as "risas da oposición" após anunciar esta iniciativa e defendeu que esta medida é "un xesto sinxelo", pero "eficaz", xa que espera que chegue a uns 50.000 consumidores. "Para nós o noso sempre vai ser o primeiro, queremos difundilo e estimulalo. Se lles provoca risas, alá vostedes", insistiu.

   Así mesmo, Alfonso Rueda avanzou que a administración autonómica porá en marcha unha rede de centros de innovación agroalimentaria no medio rural para asesorar iniciativas empresariais que "multipliquen o valor engadido do que se produce en Galicia".

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado