A Xunta propón que o curso escolar 2025/26 arrinque o luns 8 de setembro e finalice o venres 19 de xuño

Archivo - Arquivo - Dúas profesoras cun grupo de alumnos o día que arrinca o curso escolar en Galicia, no CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela, a 8 de setembro de 2022, en Triacastela, Lugo, Galicia (España). O curso escolar 2022-2023 comezou en Gal
Carlos Castro - Europa Press - Archivo
Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 24 abril 2025 16:45

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Abr. (EUROPA PRESS) -

    A Xunta propón que o vindeiro curso escolar 2025/26 comece o luns 8 de setembro e finalice o venres 19 de xuño en todas as etapas educativas, excepto os segundos cursos de FP básica, media e superior, para os cales as clases terminarían o 15 de xuño.

Así o recolle o borrador de calendario que a Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades acaba de remitir aos sindicatos da mesa sectorial docente (CIG, CCOO, ANPE e UXT), que se reunirá o vindeiro 6 de maio.

Á parte dos ciclos, tamén haberá unha excepción para os ensinos de réxime especial debido ás "características e particularidades" das mesmas, tal e como explica a Xunta. Nestes casos, cabe a opción de flexibilizar o inicio das clases até o luns 15 de setembro, como moi tarde.

Ademais, como ocorre todos os anos, o período lectivo finalizará antes en 2º de Bacharelato, para adaptarse á Proba de Acceso á Universidade (PAU), que aínda non ten data para 2026.

O calendario tamén contempla o coñecido como 'período de adaptación' para 4º de Infantil (3 anos). Así, os centros poderán optar pola incorporación gradual dos nenos a primeira semana, en ningún caso máis tarde do luns 15 de setembro.

VACACIÓNS E DÍAS NON LECTIVOS

En canto aos períodos de vacacións escolares, as de Nadal irán do luns 22 de decembro --de facto, o último día de clase sería o venres 19-- até o mércores 7 de xaneiro, ambos os incluídos.

Os días de Entroido serían luns 16, martes 17 e mércores 18 de mércores; e as vacacións de Semana Santa irían do luns 30 de marzo --xa non habería clase desde o veres-- ao luns 6 de abril, ambos os incluídos.

Así mesmo, serán non lectivos o venres 31 de outubro (Día do Ensino) e o venres 5 de decembro, aos que se suman as correspondentes festas laborais de ámbito estatal, autonómico e local.

A proposta de orde de calendario que elaborou a Consellería de Educación tamén recolle que, o próximo curso, as probas de diagnóstico serán entre o 13 e o 17 de abril, para 4º de Primaria; e do 20 ao 24 de abril, para 2º de ESO.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado