A Xunta proporá ao Goberno permitir facer deporte ao aire libre e a reapertura de mercados e talleres

Feijóo considera que debe definirse "un horizonte" para a "volta a unha nova normalidade" por zonas, idades e segundo tipo de poboación

Reunión do Consello da Xunta  do 24 de abril
XUNTA
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 24 abril 2020 15:33

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Abr. (EUROPA PRESS) -

   O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, levará á Conferencia de Presidentes do próximo domingo unha proposta para avanzar na desescalada de restricións para Galicia que permita aos cidadáns saír á rúa a practicar deporte durante unha hora ao día, ademais da repertura, baixo determinadas medidas de seguridade, para negocios como concesionarios, talleres de coches, mercados ao aire libre, rehabilitación de edificios e algúns comercios.

   Así o avanzou o titular do Executivo autonómico na súa comparecencia telemática após a reunión do Consello da Xunta que definiu as medidas que o presidente galego levará á cita do domingo, onde demandará que comece a definirse "un horizonte previsible de volta a unha nova normalidade" que, segundo Feijóo, deberá analizarse "por zonas e por idades, e diferenciando cidades e rural".

   Deste xeito, cre que coa situación sanitaria e epidemiolóxica que presenta Galicia nestes momentos pode exporse a posibilidade de permitir determinadas actividades, como que os cidadáns poidan saír á rúa durante unha hora para facer deporte --incluída a pesca-- de forma individual.

   No apartado econonómico, a Xunta considera que podería decretarse a reapertura dalgúns negocios como os concesionarios e os talleres a través dun sistema de cita previa, mesmo mecanismo que Feijóo propuxo para que algúns comercios abran de novo baixo a adopción de medidas de seguridade como a limitación de aforamento, entre outras.

   A Administración autonómica completa a súa proposta de desescalada de restricións coa petición de que se permita a volta ao traballo na rehabilitación de edificios --"unha demanda unánime do sector da construción", segundo Feijóo-- e a reapertura dos comercios tradicionais ao aire libre.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Artículos Relacionados

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado