A Xunta ve no anuncio de investimentos en aeroportos unha "manobra de distracción" tras o recorte de Ryanair

Archivo - Pista da nova terminal do aeroporto de Lavacolla
EUROPA PRESS - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 18 septiembre 2025 16:48

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Sep. (EUROPA PRESS) -

   O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, tachou o anuncio do Goberno central de investimentos nos aeroportos españois, que repercutirá en Galicia, de "manobra de distracción" ante os "anuncios de recortes de voos e investimentos por parte das aerolíneas", como o realizado por Ryanair este mes.

   Así o trasladou o responsable autonómico nun audio remitido aos medios após o anuncio ralizado este xoves polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez. Así, avanzou unha proposta de investimentos de Aena para os aeroportos, entre eles os da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, que cifrou en case 13.000 millóns de euros entre 2027 e 2031.

   "Investir en infraestruturas da súa competencia non só é necesario, senón que é a súa obrigación", referiu Calvo. O conselleiro considera que, "antes de anunciar investimentos para dentro de cinco anos", o Goberno de Sanchez debe tomar medidas para que "siga habendo avións e tamén voos".

   "Non deixa de ser unha manobra ante os anuncios de recortes de voos e investimentos por parte das aerolíneas", criticou, sen aludir de forma explícita a ningunha compañía. O máis recente é o realizado por Ryanair a inicios de setembro, cando confirmou o peche da súa base en Santiago e a cancelación de todos os voos a Vigo.

   Con todo, en meses anteriores, por exemplo, Air Nostrum tamén anunciou a eliminación das rutas entre Peinador (Vigo) e Tenerife e Valencia, así como a redución dos voos a Palma.

   Neste contexto, Diego Calvo asegurou descoñecer que medidas vai tomar o Goberno para garantir a "correcta coordinación" dos aeroportos e o seu "competitivdad e conectividad". "Esperamos que este anuncio non sexa só unha saída ao paso e proporcionen datos necesarios neste sentido", concluíu.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado