Innova.- Coremain traballa na posibilidade dun sistema automatizado para ordes de traballo que mellore a produtividade

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 29 agosto 2006 12:00

SANTIAGO DE COMPOSTELA 29 Ago. (EUROPA PRESS) -

A empresa galega Coremain estudia a posibilidade de implantar un sistema automatizado para ordes de traballo co fin de conseguir un modelo que aporte unha maior produtividade e eficiencia aos procesos derivados do aceso ás aplicacións empresariais xusto no momento e no lugar onde se precisa.

Esta firma desenvolve este proxecto, que conta co apoio financiero do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Innovación e Industria, conscente de que a integración de aplicacións de xestión é unha das grandes preocupacións e obxectivos dos xestores de tecnoloxías da información. Na actualidade é habitual que nas organizacións existan multitud de departamentos (Finanzas, Comercial, Produción, Recursos Humáns...).

A empresa engade que, nembargantes, se se analizan os procesos de negocio, estes teñen un carácter claramente horizontal no que participan persoas e sistemas de distintas áreas da compañía. A falta de integración entre sistemas crea barreras insalvables de información que introducen excesiva rixidez á hora de realizar cambios nas organizacións.

Para respostar a este problema existen solucións comerciais que, baixo a denominación xenérica de EAI, proporcionan non só mecanismos de integración de sistemas heteroxéneos, senón tamén potentes ferramentas de modelación e xestión de procesos empresariais.

Ademais, o desenvolvemento experimentado polas tecnoloxías móbiles leva a plantexarse a posibilidade de dotar aos seus sistemas de mobilidade polas vantaxes que ten, como maior produtividade e eficiencia dos procesos derivados do aceso ás aplicacións empresariais xusto no momento e no lugar onde se precisa.

MAIS INTEGRACION E SINCRONIZACION

Tamén permite a estensión dos sistemas de información máis alá dos lindes físicos da empresa co que se consegue maiores niveis de integración e sincronización da información asociada aos procesos de negocio, así como o aumento da competitividade derivada da rapidez na toma de decisións ao dispor de información o máis avanzada posible.

Así mesmo, a mobilidade acada unha mellora na relación cos clientes e proveedores ao ter un coñecemento exacto e completo dos mesmos e transmite unha imaxe de empresa innovadora alineada cos avances tecnolóxicos.

Outras das vantaxes son o importante aforro de custes, coa conseguinte redución de desprazamentos e coa menor utilización do papel, e a optimización dos investimentos en equipamento ofrecendo as solucións máis adaptadas ás necesidades dos usuarios móbiles: dispositivos lixeiros, facilidade de uso e baixo custe de mantemento.

Así, Coremain considera que se ben as tecnoloxías da información e as comunicacións evolucionaron de maneira considerable nos últimos anos para dar resposta ás necesidades de xestión da información, aínda é posible aumentar a eficiencia dotándoas de mobilidade.

Abrangue un coxunto de tecnoloxías cuxo obxectivo final é o de dispor da información no instante no que se necesite realmente e independentemente do lugar físico no que se encontre o usuario.

O RETO DE MOBILIDADE

A mobilidade pode considerarse un factor clave importante na consecución dun dos grandes retos das tecnoloxías da información na actualidade: a integración horizontal dos procesos empresariais. E unha organización estendida na que os procesos saen fóra dos lindes físicos das empresas abarcando a clientes, proveedores e empregados.

Esta visión horizontal dos procesos non sería posible se non se dispón dunha infraestrutura de base que, mediante o emprego de tecnoloxías estándar, facilite o desenvolvemento e despregue aplicacións móbiles perfectamente integradas cos sistemas internos das organizacións.

Un dos campos nos que as aplicacións móbiles ofrecen máis potencial é na xestión de servizos de asistencia técnica. Habitualmente estos labores se controlan por medio de partes, ordes de traballo ou rutas que poden conter información necesaria para localizar xeograficamente o lugar de traballo e definir a intervención a levar a cabo. A novidade é a solución no seu conxunto como sistema ou plataforma sobre a que despregar aplicacións baseadas en sistemas de mensaxerías para o intercambio de información sobre redes de comunicación fráxiles.

Coremain presta servizos de esternalización de desenvolvemento de software, incluindo proxectos 'chave en man', coas tecnoloxías máis innovadoras do mercado, tales como orientación a obxectos, arquitecturas cliente-servidor, n-capas, web services ou Internet.

A especialización de Software Factory susténtase en dúas arquitecturas tecnolóxicas que, actualmente, se impoñen como estándar de mercado: .NET de Microsoft y J2EE baseado en Java, intergrándoas con servidores de aplicacións. Froito desta capacidade tecnolóxica son as solucións de mobilidade, deseñadas para funcionar en entornos LAN, WLAN, GSM e GPRS.

Contenido patrocinado