Un acordo entre o Consorcio Audiovisual galego e a Fundación Carlos Casares porá en marcha un curso de verán en Celanova

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 11 julio 2006 19:13

SANTIAGO DE COMPOSTELA 11 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Fundación Carlos Casares e o Consorcio Audiovisual de Galicia firmarán mañá un convenio de colaboración que fará posible a realización de diversas actividades de desenvolvemento audiovisual na comunidade. Ademáis dun orzamento de 21.000 euros para a execución dos actos previstos, o Consorcio Audiovisual comprométese á máxima difusión e publicidade dos eventos que se realicen.

O convenio establece como obrigas por parte da Fundación Carlos Casares a organización dun curso de verán sobre medios audiovisuais que terá lugar en Celanova (Ourense), baixo o título de 'Documental: imaxinar a realidade'. Tamén está previso o desenvolvemento dunhas xornadas sobre lingua galega e cine na área de influencia de Vigo, na que participarán poñentes nacionais e internacionais.

Con motivo da celebración do curso de verán terán lugar diversas proxeccións nas prazas públicas de Celanova coa finalidade de xerar interese social pola actividade audiovisual. Ademáis, a colaboración do Consorcio Audiovisual nesta iniciativa formativa posibilitará a publicación en papel das actas correspondentes a das proxeccións públicas.

O convenio, que será asinado mañá polos responsables de ambas entidades no Mosteiro de San Rosendo en Celanova, terá vixencia ata o próximo 31 de decembro. Froito da colaboración entre o Consorcio Audiovisual e a Fundación Carlos Casares tamén se promoverán outras iniciativas encamiñadas á difusión e achegameto do eido audiovisual galego á sociedade.

Contenido patrocinado