SANTIAGO DE COMPOSTELA 5 Abr. (EUROPA PRESS) -
Ana Romaní Blanco e Santiago Jaureguizar participarán o venres, en Padrón (A Coruña), na serie de tertulias "Diálogos na Casa de Rosalía", onde reflexionarán sobre a cultura e os medios de comunicación. En concreto, a Casa Museo en Padrón acollerá, a partir das 19.30 horas, as aportacións destes dous xornalistas, que xirarán sobre "A Cultura nos medios".
A Fundación Rosalía de Castro organiza na Casa de Museo de Padrón a segunda edición desta serie de tertulias, que ao longo de sete meses reúne a vintecinco escritores e especialistas a redor da figura de Rosalía de Castro e dos distintos ámbitos da cultura galega. Os encontros están coordinados por Ana María Blanco e se desenvólven no Auditorio a Casa Museo.
Estructurados en dúas areas esta segunda edición das tertulias, que se desenvolven os venres na Casa Museo, abordan desde distintas perspectivas cuestións como a relación entre Rosalía e a Galicia do seu tempo, a influenza da obra da poeta na historia da literatura galega, a recepción da súa obra ou a súa relación co mundo da escena.