A Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Galicia celebra mañá a X edición dos Premios María Casares

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 27 marzo 2006 19:13

A CORUÑA 27 Mar. (EUROPA PRESS) -

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá mañá a gala da X edición dos Premios de Teatro María Casares, que organiza a Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia, e que coincide co décimo aniversario da morte da actriz que lles da nome.

Lino Braxe será este ano o encargado da dirección e presentación e a posta en escena tentará recrear a época de finais dos anos 50 e principios dos 60, xustamente cando a carreira cinematográfica de María Casares estaba no seu pulo máis alto.

Así, coma nun directo radiofónico deses anos, o Teatro Rosalía convertirase nun improvisado programa de radio coa Orquestra Os Satélites, que acompañará na música a artistas como Paco Lodeiro, Maxo Barxas, Julián Hernández e o propio Lino Braxe.

Tamén participarán na gala o grupo de teatro Bucanero e o grupo vocal Nois, estes últimos acompañando a Flor Maceiras na interpretación dunha peza. Polo escenario, pasarán personalidades do mundo da cultura en Galicia, que tamén participarán no "programa de radio".

A gala comenzará ás 21.00 horas e será retransmitida a partir das 23.00 horas pola TVG. Nela, se entregará un premio de honor a primeira directora de teatro en Galicia, Dorotea Bárcena. Estes premios pretenden servir de estímulo, recoñecemento e promoción do teatro galego.

Contenido patrocinado