O Auditorio de Galicia abre o prazo para a venda e renovación de abonos para o terceiro trimestre da Tempada 2005-06

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 27 marzo 2006 19:36

SANTIAGO DE COMPOSTELA 27 Mar. (EUROPA PRESS) -

O Auditorio de Galicia abre o prazo para a venda e renovación de abonos para o terceiro trimestre da Tempada 2005-06, segundo informou hoxe este espazo cultural, dependente do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade. O abono D, de abril a xuño de 2006, inclúe 9 concertos, cun prezo de 71,40 euros despois de aplicarlle un desconto do 15%. Ás persoas abonadas entregaránselle as localidades de cada concerto, co número de fila e butaca que será o mesmo durante todo o abono.

Para este trimestre a programación do Auditorio inclúe os concertos da Real Filharmonía de Galicia co seu director titular Ros Marbà e directores invitados como Maximino Zumalave, Frans Brüggen ou Josep Pons, solistas tan destacados como María Bayo, Trusl Mörk, Elizabeth Leonskaja, Mark Kaplan e Javier Perianes, e as orquestras Sinfónica de Galicia e Sinfónica de Asturias, cos seus directores titulares Víctor Pablo e Maximiano Valdés ao fronte.

A compra e renovación de abonos para o terceiro trimestre da tempada 2005-06 poderá realizarse os días 27, 28, 29, 30 e 31 de marzo e o 3 e 4 de abril de 2006. Para facilitar a súa adquisición, os interesados poderán ir ao propio Auditorio o chamar ao seu servizo telefónico. Asemade, Caixa Galicia, a través do seu servizo de ventas por teléfono e por internet, tamén ofrece a posibilidade de facerse cos abonos.

Contenido patrocinado