SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 Sep. (EUROPA PRESS) -
A portavoz de Sumar no Congreso e co-coordinadora do Movemento Sumar, Verónica Barbero, remarcou a necesidade de que se produza a transferencia da AP-9 a Galicia e de que a vía sexa pública. "Temos a autoestrada máis cara da historia, por culpa do señor Aznar", criticou.
Preguntada por este asunto en rolda de prensa Barbero defendeu que dita transferencia "debe producirse" e é unha "cuestión vital" para que Galicia sexa propietaria da vía, que é a rede de comunicacións do tres grandes cidades atlánticas.
Igualmente, reivindicou a necesidade de que a vía sexa pública, para que os galegos deixen pagar peaxes que van ás empresas donas da mesma. "É diñeiro para unha empresa privada", lamentou".
"Imos ter a autoestrada máis cara da historia por culpa do señor Aznar que fixo unha prórroga ilegal e fraudulenta segundo a Comisión Europea", afeou.
Por todo iso, a portavoz de Sumar no Congreso, reivindicou a importancia de realizar a transferencia e, posteriormente, que a vía sexa pública.