O BNG esixe ao Goberno que elimine os "obstáculos" nas adopcións internacionais e "iguale adopción a nacemento"

Actualizado: sábado, 9 septiembre 2006 16:09

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Sep. (EUROPA PRESS) -

O voceiro do BNG no Congreso, Francisco Rodriguez, esixiu ao Goberno central que elimine os "obstáculos burocráticos e dificultades" nas adopcións internacionais, e iguale os conceptos de adopción e nacemento, para outorgar aos nenos o mesmo trato e a todos os efectos.

Así o manifestou o deputado nacionalista nunha pregunta parlamentaria, quen pediu ao Executivo estatal que os menores sexan tratados de forma "inmediata" como españois, unha vez que os pais obteñan do país de orixe a sentenza xudicial plena cos documentos acreditativos.

Como consecuencia disto, Rodriguez apuntou que os nenos viaxan como cidadáns do seu país de orixe, polo que crea dificultades nos aeroportos de tránsito ao "ser segregados" das colas para cidadáns da Unión Europea (UE).

Ademais, subliñou que o Estado español volve pedir aos pais "unha grande cantidade de papeis" para inscribir aos nenos no Rexistro Civil e no Libro de Familia, malia que o proceso de adopción "xa está validado" pola Administración.

Por iso, o voceiro nacionalista preguntou ao Goberno as razóns polas que cambiou o proceso para a adopción internacional, transformándoo en "máis burocratizado e difícil". Neste sentido, instou ao Executivo a explicar a dar instrucións á embaixada competente no país de orixe para que expida o pasaporte español dos menores adoptados.

Ademais, reclamou un regulamento que desenvolva a Lei de Resgistro Civil, que teña en conta estes "novos tipos de familia" e que posibilite a inscrición autonámtica no rexistro correspondente, "sen deixar lugar a interpretacións particulares nin discriminacións", sentenciou.