O BNG de Oleiros (A Coruña) considera positivo que o PP faga públicas as súas declaracións de bens

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 1 septiembre 2006 18:54

A CORUÑA 1 Sep. (EUROPA PRESS) -

O BNG de Oleiros (A Coruña) considerou positivo o anuncio do PP local no que informaba de que farían públicas as declaracións de bens dos seus representantes, recordando que esta iniciativa foi promovida polos nacionalistas no mes de agosto e que será levada como moción ao vindeiro pleno ordinario do mes de setembro.

Os nacionalistas manifestaron seguir a espera de saber cal vai ser a postura dos outros grupos municipais diante da iniciativa do BNG, polo que a moción será apresentada en pleno para que haxa un acordo institucional que garanta a transparencia e a rexeneración democrática no Concello de Oleiros.

O representantes do BNG local engadiron que a esta iniciativa non debera ter ningún problema en aprobarse "sempre e cando non se teña nada que ocultar". Así mesmo, confían en que as declaracións feitas públicas polo PP "sexan completas e non só as partes que aos seus cargos públicos lles interese publicitar".

Contenido patrocinado