O BNG pide á Xunta que interveña para clarexar o despido dunha traballadora por falar en galego

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 19 mayo 2006 16:42

SANTIAGO DE COMPOSTELA 19 May. (EUROPA PRESS) -

O deputado do BNG, Bieito Lobeira, reclamou hoxe á Xunta que interveña para clarexar o despido dunha traballadora nunha xestoría de Pontevedra por falar en galego.

A través dunha iniciativa parlamentaria, Lobeira sumouse as petición de apoio á traballadora e calificou este feito de "extremadamente grave". Ademáis, suliñou que a vulneración dos dereitos lingüísticos no traballo non se limita a este caso particular porque dixo que "é ben coñecida" a existencia de "presións en moitos centros" para impedir o uso do galego.

Neste senso, destacou o "valor" da muller despedida para se enfrontar a esta situación e presentar unha denuncia ante o Xulgado do Social, "que é o que lle outorga singularidade a este caso". Ademáis, considerou que "é preciso" que a Xunta "interveña" para "facer valer" os "inalienables dereitos lingüísticos dos traballadores e traballadoras".

Contenido patrocinado