A Casa do Chocolate de Ourense acollerá hoxe unha xornada de homenaxe ao poeta Manuel María

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 27 abril 2006 12:30

OURENSE 27 Abr. (EUROPA PRESS) -

O Salón de Actos da Casa de Cholocate da cidade de Ourense acollerá hoxe unha xornada de homenaxe ao poeta Manuel María, para conmemorar a obra do escritor galego que representou o movemento político social e cultural da segunda mitade do século XX.

A homenaxe está organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), a comisión de Cultura do BNG e CIG-Ensino, e conta co apoio de numerosas institucións ourensas, entre as que se encontra o Concello de Ourense.

Baixo o Lema "Nun abril de lume e ferro, Manuel María, poeta nacional", os organizadores aseguraron que pretenden conmemorar a figura de quen consideran como o "precursor do sentimento nacionalista", xa que foi "o primeiro poeta" que escribiu en galego despois da Guerra Civil.

A homenaxe contará cunha mesa redonda que terá lugar hoxe na Casa de Chocolate, a partir das 20.00 horas. Por la mañá, os institutos da ciudade lembrarán ao escritor con un recital nos seus centros. O peche da xornada contará coa actuación de Mini e Mero, antigos compoñentes de "Fuxe nos ventos" e que na actualidade forman parte do grupo "Quenlla", que ten musicado a Manuel María en numerosas ocasións.

Asemade, o escultor Ignacio Basalo é o autor dunha creación artística inspirada nun poema do poeta e que será instalada nunha das fontes da Alameda de Ourense, e que dará a sensación óptica de que as letras flotan na auga.

Contenido patrocinado