OURENSE 25 Abr. (EUROPA PRESS) -
O Salón de Actos da Casa de Cholocate da cidade de Ourense acollerá o xoves unha xornada de homenaxe ao poeta Manuel María, para conmemorar a obra do escritor galego que representou o movemento político social e cultural da segunda mitade do século XX.
A homenaxe está organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), a comisión de Cultura do BNG e CIG-Ensino, e conta co apoio de numerosas institucións ourensas, entre as que se encontra o Concello de Ourense.
Baixo o Lema "Nun abril de lume e ferro, Manuel María, poeta nacional", os organizadores aseguraron hoxe que pretenden conmemorar a figura de quen consideran como o "precursor do sentimento nacionalista", xa que foi "o primeiro poeta" que escribiu en galego despois da Guerra Civil.
Un dos coordinadores da homenaxe, o humorista Xosé Lois González "O Carrabouxo", asegurou hoxe, durante a presentación dos actos, que o poeta foi o "vínculo" que trouxo novas aos galegos "do outro lado da Longa Noite de Pedra". "Trouxo noticias da nación que foi masacrada e da nosa literatura", aseverou. Asemade, "O Carrabouxo" manifestou que Manuel María foi o poeta "máis musical" porque foi o "cantor da terra e do idioma" e iniciou un "xénero literario que acabou con Ferrín".
A homenaxe contará cunha mesa redonda que terá lugar este xoves na Casa de Chocolate, a partir das 20.00 horas. Por la mañá, os institutos da ciudade lembrarán ao escritor con un recital nos seus centros. O peche da xornada contará coa actuación de Mini e Mero, antigos compoñentes de "Fuxe nos ventos" e que na actualidade forman parte do grupo "Quenlla", que ten musicado a Manuel María en numerosas ocasións.
Asemade, o escultor Ignacio Basalo é o autor dunha creación artística inspirada nun poema do poeta e que será instalada nunha das fontes da Alameda de Ourense, e que dará a sensación óptica de que as letras flotan na auga.