O CCG presentará mañá en Santiago unha obra sobre as mulleres rurais, gañadora dun premio de investigación

Actualizado: martes, 14 febrero 2006 17:46

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Feb. (EUROPA PRESS) -

O Consello da Cultura Galega (CCG) acollerá mañá, ás sete do serán, a presentación da obra gañadora do IX Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo e titulada 'Labregas, Emigradas, Estraperlistas e Represaliadas. Experiencias de vida e lembranzas de mulleres na Galicia rural: 1900-1960', da que é autore Raúl Soutelo Vázquez.

O galardón, convocado polo Concello de Valga, distingue anualmente un traballo de investigación, de ámbito galego, dentro da especialidade da etnografía, paleografía, numismática, arqueoloxía e historia da arte.

No acto participarán o autor da obra premiada, Raúl Soutelo, Ramón Villares, director do Arquivo da Emigración Galega, e Pilar Cagiao, membro deste Arquivo e da Comisión Técnica de Xénero do Consello da Cultura Galega.