SANTIAGO DE COMPOSTELA 19 Ene. (EUROPA PRESS) -
Os comeciantes santiagueses acordaron unirse fronte á implantación de novas grandes superficies nunha estratexia que pretender extender a toda a bisbarra compostelana para defender a actividade e os empregos que xeneran os pequenos establecementos.
Acotés convocou onte á noite unha reunión, á que acudiron o presidente desta asociación, José Oreiro, e unha nutrida representación da Xunta directiva, así como o presidente de Compostela Monumental, José Manuel Bello, xunto co xerente desta asociación, o presidente de Área Central, e o xerente, Juan Carlos Losada Rey, xunto con outros comerciantes de diferentes asociacións e un membro da Cámara de Comercio de Santiago.
Nesta primeira toma de contacto non estivo convocada Santiago Centro que se amosou desde un principio a favor das novas áreas, aínda que sí houbo presenza de membros desta asociación que non comparten esa postura.
As asociacións coinciden en advertir aos politicos de que as novas áreas de Peleteiro, As Cancelas e Milladoiro serán o golpe definitivo para que moitos pequenas empresas pechen, de xeito que os postos de traballo creados por unha banda serán destruídos pola outra.
Os comerciantes aclaran que esta non é, de ningunha maneira, unha guerra contra o consumidor, senón na defensa dos seus postos de traballo. Insisten en que está demostrado que as novas áreas non atraerán máis clientes de fóra, senón que se repartirán os que xa hai. Engaden que en concreto o centro das Cancelas, pola súa situación, pode ser muy negativo para o futuro de Area Central.
Nos próximos días crearase unha comisión de traballo na que haberá representantes de tódalas asociacións para preparar unha estratexia de defensa deste sector e de sensibilización do seu grave problema.
Asemade realizarase un estudio socioeconómico sobre o impacto das novas grandes áreas no pequeno comercio de Santiago e a súa área de influenza, e encargarase a unha empresa unha enquisa que determine a opinión do sector sobre o tema. Tamén se solicitará á Cámara de Comercio de Santiago axuda para financiar algúns dos custes destes informes.