A CORUÑA 17 Ago. (EUROPA PRESS) -
O Concello de Cambre (A Coruña) a través da Concellería de Benestar Social e Cultura, poñerá en marcha novamente no vindeiro curso escolar o programa Mañanceiro polo que os escolares dispoñen da posibilidadade almorzar no propio centro escolar.
Así o confirmou a Goberno local e explicou que nos colexios de Cambre e Sigrás se levará a cabo o programa, mentras que nos de Porto Faro e O Graxal, ainda que hai nenos inscritos, non se alcanzou o mínimo para facer o programa, ainda que confían en completar o cupo antes do inicio do curso.
Esta iniciativa ten como obxetivo principal responder ás necesidades familiares derivadas do desfase existente entre os horarios escolares e laborais, garantindo a atención dos nenos, así como ofrecer o servicio dun almorzo equilibrado.
Deste xeito, os rapaces poden entrar no colexio a partires das 7.30 horas. O servicio está financiado polo concello en algo máis do 50 por cento. Ademáis, sobre o prezo establecido en cada colexio, o Goberno municipal ten previstas bonificacións se o solicitante cumple unha serie de requerimentos. Tamén se creou un cupo de prazas con tarifa cero para determinados casos en función dos informes do departamento de Servizos Sociais.
O concelleiro de Benestar Social e Cultura, Xabier Igrexas, mostrou hoxe a súa satisfación pola posta en marcha por tercer ano consecutivo do programa que era "un dos obxetivos que esta concellería se plantexaba para esta lexislatura".
Neste senso, indicou que a idea é implantar o servicio en todolos centros e por iso seguirá aberto ou prazo de inscrición para alumnos nos colexios de O Graxal e Porto Faro, con fin de que cando "se cubra o número mínimo de prazas se poida comezar o servicio".