A CORUÑA 2 Ago. (EUROPA PRESS) -
O Concello de Oleiros (A Coruña) acolle a partires de hoxe a edición XII da mostra de Alfareiros no parque Luis Seoane de Santa Cruz, cuios participantes acudirán desde diversos puntos da xeografía galega e española.
León, Toledo, Cuenca, Jaén, Ourense, Asturias e Buño (na provincia coruñesa) son algunhas das cidades que durante toda esta semana acudirán a esta cita, na que veciños e turistas poderán ver e disfrutar de Oleiros coas mans.
A XII edición de Alfaroleiros será inaugurada hoxe polo alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, ás 12.30 horas coa asistencia de numerosas autoridades locais así como o presidente da Deputación Provincial de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, acompañado do vicepresidente e a delegada de Cultura, Milagres Lantes Seara.
Durante a mostra de alfarería, os asistentes terá a oportunidade de presenciar exhibicións artesanais realizadas polos Señores do Barro, que ademais exporán ó público pezas con gran valor realizadas manualmente.