O Concello de Santiago prevé que a derruba de varias obras ilegais suporá un gasto de preto de 26.000 euros

Actualizado: lunes, 29 mayo 2006 19:45

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 May. (EUROPA PRESS) -

O Concello de Santiago prevé que a derruba de varias obras ilegais suporá un gasto de preto de 26.000 euros e a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o orzamento necesario para a súa realización.

En concreto, está previsto afrontar a derruba dun un galpón e dun muro de peche no lugar de Marrociños, cun gasto de 6.400 euros; de obras ilegais na rúa do Hórreo, por 4.665 euros; doutras na rúa Campo do Forno, por 997 euros; e doutras no lugar de Zarramacedo, en Bando, cun orzamento de 13.793 euros.

Asemade, a Xunta de Goberno Local de Santiago, a proposta do concelleiro delegado de Mercados, Xosé Manuel Iglesias, acordou adxudicar por 38.497 ao arquitecto Francisco Vidal Pérez, a asistencia técnica para a realización dos traballos de modificación do Proxecto de Remodelación da Praza de Abastos de Santiago de Compostela.

Tamén se decidiu adxudicar por importo de 24.916 euros á empresa Armesa SL o subministro e instalación de barandilla para a baixada da rúa Trinidade e Escalinata de acceso á Avenida de Rodrigo de Padrón. Outro dos acordos ten que ver coa resolución do concurso para que Uponor SL realice as obras de albanelería, carpintería e outras nos colexios públicos de Infantil e Primaria dependentes do Concello de Santiago, para o que se abonará 58.600 euros.