A Consellería de Cultura presenta mañá na Coruña unha biografía do compositor Andrés Gaos

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 20 febrero 2006 19:45

A CORUÑA 20 Feb. (EUROPA PRESS) -

O director xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte, Luis Bará, presentará mañá martes, día 21, ás 20 horas, no Museo de Belas Artes da Coruña, un libro no que se recolle a biografía do músico galego Andrés Gaos.

Inscrito na colección "A Nosa Memoria", editada pola Consellería de Cultura e Deporte, Rosa Fernández García é a autora deste volumen que repasa a traxectoria deste compositor e violinista nado na Coruña en 1874 e finado no 1959.

No acto de presentación participará tamén o pianista Severino Ortiz e mais o violinista Leonardo Blanco, que interpretarán obras deste músico galego.

Contenido patrocinado