SANTIAGO DE COMPOSTELA 7 Mar. (EUROPA PRESS) -
A Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega (CCG) destacou a necesidade que crear un "discurso comunicativo propio" desde Galicia para un contorno globalizado na publicación que difundiu recentemente 'A importancia dos medios de comunicación na sociedade mundializada'.
Nela, investigadores e profesionais da comunicación, como Timoteo Álvarez, Miquel de Moragas, Manuel Parés, Margarita Ledo e Xosé López, analizan a situación actual e as tendencias de futuro dos diferentes medios de comunicación, desde a radio e a televisión locais ata os cibermedios.
A obra recolle as actas das XII Xornadas Mar por Medio, celebradas en agosto de 2004 en Ribadeo baixo a organización do CCG e a Concellaría de Cultura do Concello. O director do encontro e coordinador da publicación, Xosé López, salientou que estas xornadas se organizaron coa idea de que os medios de comunicación propios deben favorecer a creación dun discurso identitario nunha sociedade mundializada como a actual, para permitir o acceso das culturas minoritarias ás correntes de información global.