Cultura investirá 150.000 na restauración dun claustro do Mosteiro de Montederramo (Ourense)

Actualizado: viernes, 18 agosto 2006 18:47

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Ago. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Cultura investirá 157.000 euros na restauración dun claustro do Mosteiro de Santa María en Montederramo (Ourense), grazas a un convenio entre o departamento autonómico, a través da Dirección Xeral de Patrimonio, e o concello da localidade ourensá.

As obras inclúen a restauración de pisos, a carpintería e a fachada no claustro renacentista da Portería, para o que se desmontarán os pisos de madeira e reconstruiranse con novos materiais e reutilizando as piezas de madeira en bo estado.

Ademais, o proxecto prevé a actuación na fachada do claustro para limpar e acondicionar os muros da fachada e a cornisa con labores de de limpeza, selado e encintado.