A deputación adxudica por case 200.000 euros as obras de mellora na estrada Mosteiro-Barrantes, en Meis (Pontevedra)

Actualizado: sábado, 15 julio 2006 21:18

PONTEVEDRA, 15 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra adxudicou por 199.460,85 euros a unión temporal das empresas Construcciones S.A. e Seixo S.L. as obras comprendidas no proxecto modificado da actuación na estrada provincia Mosteiro-Barrantes, en Meis.

Co proxecto modificado adxudicado hoxe, o Servizo de Vías e Obras da institución provincial introduce as modificacións convenientes para adecuar as discrepancias entre a realidade a executar e o proxecto orixinal.

Algunhas das modificacións introducidas no proxecto modificado correspóndense coas medición dos muros de mampostería nas súas diferentes alturas coas repercusións nas medicións da escavación en zanxa e cimentos.

Ademais recolle un incremento significativo na medición da obra de traslado do peche perpiaño, algo que é debido ós novos peches existentes ó longo do trazado e que non se contemplarán na medición do proxecto inicial.

Por outra banda, no proxecto modificado tamén se inclúe un incremento no volume de escavación e no desmonte do terreo, xa que aínda que se mantén o ancho correspondente o asfaltado, 9 metros, incrementase o ancho total da explanación ata os 12 metros co fin de que nun futuro poder dispoñer do espazo necesario para dotar de beirarrúas naquelas zonas do trazado que o precisen.

Como consecuencia deste incremento do ancho tamén se produce un aumento no volume do terraplén, con produtos procedentes da escavación. A actuación se contemplara con outras unidades de obra non previstas inicialmente, sobre todo, relacionadas ca mellora do drenaxe e coa reposición de servizos afectados.