A Deputación de A Coruña abre o prazo para participar nas xornadas sobre a futura Lei de Dependencia

Actualizado: lunes, 17 abril 2006 20:39

A CORUÑA, 17 Abr. (EUROPA PRESS) -

A área de Benestar Social, Políticas de Igualdade e Normalización Lingüística da Deputación de A Coruña abriu o prazo para participar nas xornadas "Autonomía Persoal e Regulación xurídica", que se van desenvolver os días 27 e 28 deste mes no salón de actos da Consellería de Sanidade, en Santiago de Compostela.

As xornadas analizarán o anteproxecto de Lei de Autonomía Persoal (a coñecida como Lei de Dependencia) e as repercusións que pode ter especificamente en Galicia e na provincia de A Coruña, atendendo a características coma a dispersión xeográfica.

O encontro está organizado en colaboración co Colexio Oficial de Traballadores Sociais de A Coruña e vai dirixido aos concellos da provincia e entidades sen ánimo de lucro que presten servizos sociais a sectores afectados pola Lei, nomeadamente traballadores sociais.

A xornada do día 27 estará dedicada a analizar o texto do anteproxecto da Lei en relación coa realidade galega e cos diferentes niveles de protección social.

A do 28 contará coas intervencións da secretaria xeral de Benestar da Xunta de Galicia, María Xesús Lago, e da responsable da área de Benestar Social da Deputación de A Coruña, Margarida Vázquez, que exporán as repercusións da Lei nos servizos sociais autonómicos e locais.