A Deputación da Coruña destinará 1,5 millóns de euros a construcción dunha piscina cuberta climatizada en Cariño

Actualizado: viernes, 12 mayo 2006 19:36

A CORUÑA, 12 May. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Cariño, José Luis Armada Castro, asinaron hoxe, na sede da institución provincial, un convenio de colaboración para financiar as obras da nova piscina cuberta climatizada coa que contará o concello.

As obras para a construcción deste nova dotación deportiva serán financiadas polo organismo provincial, dentro do programa de investimentos singulares, cunha achega de 1,5 millóns de euros.

A Deputación da Coruña financiará os gastos derivados do contrato de execución das obras, mentres que o concello de Cariño comprométese á redacción do proxecto técnico, o fornecemento dos terreos e a otorgar as autorizacións e concesións necesarias para a construcción da piscina, cuxo mantemento correrá a cargo do concello.