A CORUÑA 16 Feb. (EUROPA PRESS) -
A Deputación da Coruña recepcionará oficialmente mañá, venres, ás 10.00 horas, as obras de rehabilitación do espazo arquitectónico de Fontelonga, no concello de Ferrol, nas que a institución provincial fixo un investimento de 282.259 euros.
Ao acto asistirá o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xaime Bello, membro da comisión de seguimento do proxecto, da que tamén forman parte o director de obra, o teniente de Navío, Xosé María Varela Iglesias, en representación da Armada, e os técnicos da institución provincial, Fernando Cebrián del Moral e Juan González. Todos eles asinarán, co representante da empresa constructora, a acta de recepción da obra.
O espazo arquitectónico de Fontelonga foi rehabilitado pola Deputación da Coruña nunha actuación de recuperación do patrimonio cultural da cidade de Ferrol. As obras consistiron básicamente na reconstrucción dos muros, ademáis do acondicionamento xeral do conxunto.
A inauguración de Fontelonga está prevista para o vindeiro martes, 21 de febreiro, ás 12 horas, no decurso dun acto que contará coa presencia do presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda e do almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol, Francisco Cañete Muñoz.
Tamén estarán o vicepresidente provincial, Xaime Bello, e do coronel xefe do Tercio Norte de Infantería de Marina, Joaquín Yáñez, ademáis de outras autoridades provinciais e locais.