A Deputación de Pontevedra colabora con 177.000 euros na posta en marcha de actividades de 113 entidades de mulleres

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 19 julio 2006 19:34

PONTEVEDRA 19 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Deputación Provincial de Pontevedra destinará durante o presente ano unha partida de 177.000 euros a axudas dirixidas a 113 asociacións de mulleres desta provincia para a organización de diversas actividades.

A Comisión Informativa de Benestar Social e Muller deulle hoxe o visto bo á segunda relación de axudas dirixidas a este fin por un importe total de 57.000 euros repartidos entre 37 asociacións. Deste xeito, recibirán axudas por valor de 30.700 euros 14 entidades da comarca do Deza e Tabeirós Terra de Montes.

En canto á comarca do Salnés, concederanse axudas por importe de 3.600 euros, na comarca de Pontevedra e Morrazo recibirán axudas por importe de 6.200 euros, mentres que na comarca de Vigo a Deputación destinará 14.900 euros a diversas actividades e entidades de municipios do sur da provincia percibirán 2.100 euros.

Contenido patrocinado