SANTIAGO DE COMPOSTELA 4 Jul. (EUROPA PRESS) -
O Padroado da Fundación do Pedrón de Ouro acordou nomear a Isaac Diaz Pardo presidente de honra coincidindo co trixésimo aniversario da concesión ao escritor compostelán do premio Pedrón de Ouro, que recoñece a mellor actividade cultural autóctona entre os residentes en Galicia.
O Padroado da fundación considerou que Galicia "ten unha débeda con Díaz Pardo", pola gran importancia da súa actividade intelectual e empresarial. Coincidindo con este sinalado aniversario e as circunstancias persoais e profesionais que está vivindo o autor, foi nomeado Presidente de honra, saldando así a nomeada débeda.
A Fundación Pedrón de ouro quixo relacionar este nomeamento co Ano da Memoria, recoñecendo así o labor de Díaz Pardo na loita pola memoria da Guerra Civil tanto en Galicia como no estranxeiro, concretamente en Arxentina, onde fundou xunto a Luis Seoane o Laboratorio de formas, adicado á recuperación histórica de Galicia.