A CORUÑA 7 Ago. (EUROPA PRESS) -
El director xeral de Turismo, Rubén Lois, será o encargado de inaugurar o novo punto de información turístico no Concello de Oleiros (A Coruña). Trátase dunha oficina ambulante que permanecerá instalada nas inmediacións da praia de Santa Cristina.
A apertura ao público deste novo servicio pretende cubrir unha necesidade do municipio co "notable" incremento de turistas e veraneantes que, cada verán, se achegan ata os areais da zona, segundo destacou o Goberno local.
Coa ubicación elexida, o grupo de goberno busca ofrecer información dun xeito "áxil, cómodo e accesible" para todos os interesados nunha das zonas "máis concorridas e frecuentadas".
O acto de inauguración, que dará comezo ás 12.30 horas, contará coa presencia do director xeral de Turismo, que aproveitará a súa estancia en Oleiros para realizar un percorrido polo consistorio e, especialmente, por diversos espacios de gran riqueza e valor natural.