Dous mortos e tres feridos nun accidente de tráfico rexistrado na Autovía das Rías Baixas en Ourense

Actualizado: lunes, 23 octubre 2006 16:53

OURENSE, 23 Oct. (EUROPA PRESS) -

Dous homes faleceron e outros tres resultaron feridos de diversa consideración nun accidente de tráfico acontecido hoxe na Autovía das Rías Baixas, a-52, no termo municipal da cidade de Ourense.

Segundo informou hoxe a Garda Civil de Tráfico de Ourense, o sinistro sucedeu ás 1.40 horas no punto quilométrico 231 da A-52, nas inmediacións do Seminario da capital ourensana, despois de que o turismo no que viaxaban as cinco persoas, un SEAT Altea, con matrícula 6500-DNH, se saise da vía, como consecuencia da chuvia.

No accidente faleceron dous dos ocupantes do turismo, José S.C., de 23 anos de idade, e Luis R.P., de 51, ambos os dous naturais de Portugal, mentres que o condutor do coche e os outros dous ocupantes, tamén veciños do país luso, resultaron feridos de diversa consideración.

Os feridos son o condutor do turismo, Filipe S.P., de 22 anos, grave; Aniceto A.B., de 20 anos, que sufriu feridas leves; e Luis Miguel B.P., de 21 anos, que resultou ferido grave. Os tres foron evacuados ao Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU).