Educación distribuirá para o próximo curso case 13.000 ordenadores e outros equipos informáticos nos centros públicos

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 20 junio 2006 19:12

SANTIAGO DE COMPOSTELA 20 Jun. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria informou hoxe de que distribuirá para o curso 2006-2007 case 13.000 ordenadores e outros equipos informáticos nos centros públicos non universitarios da comunidade, tras facer público o concurso para a contratación do sumistro do equipamento, no que se invertirán 9 millóns de euros.

Así, case a metade dos computadores --6.500-- se corresponden a un programa do departamento educativo autonómico, mentres que a outra metade se adquirirán gracias ó convenio asinado entre a administración e a entidade estatal 'Red.es', que aportará un total de 7,1 millóns de euros.

Froito destas dúas actuacións, a consellería distribuirá un total de 10.500 ordenadores persoais e 2.400 portátiles, 6.000 pantallas, máis de 1.100 impresoras --láser, departamentais e de inxección--, 80 equipos multifunción, 900 proxectores electrónicos, 300 pizarras dixitais e 200 equipos de comunicacións. A cuantía total da inversión ascende a máis de 16 millóns de euros.

Educación explicou que estas accións enmárcanse na aposta do Goberno galego pola introducción das TIC no ensino. Neste senso, recordou algunhas das iniciativas postas en marcha, coma a destinada a equipar tódalas aulas de acceso a internet, que ten un orzamento de 2,3 millóns de euros.

Ademais, outra das liñas de actuación está dedicada a formar ó profesorado nas competencias tecnolóxicas necesarias para implantar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nas aulas.

Contenido patrocinado