O embaixador de Nova Zelanda amosa a USC o seu interese polas investigacións de acuicultura da universidade

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 26 junio 2006 17:30

SANTIAGO DE COMPOSTELA 26 Jun. (EUROPA PRESS) -

O embaixador de Nova Zelanda en España, Geoff Ward, amosou hoxe o seu interese polas investigacións que no campo da acuicultura se desenvolven na Universidade de Santiago (USC), así como polas ensinanzas agropecuarias que oferta a institución académica.

Así, o manifestou ao reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, quen o recibiu hoxe no seu despacho de San Xerome. No encontro tamén estivo presente o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto.

O embaixador de Nova Zelanda ten previsto visitar tamén nesta xornada o Campus de Lugo, onde realizará unha visita polas instalacións universitarias acompañado do vicerreitor de Coordinación do campus lugués, Carlos Herrero.

A visita iniciarase a partir das 17.15 horas no Hospital Clínico Veterinario Rof Codina, onde desenvolve unha estadía investigadora o profesor neozelandés da Universidade de Lincoln (Nova Zelanda) Ravi Gooneratne, quen colabora coa profesora do Departamento de Patoloxía Animal, Marta María López, nunha investigación sobre metabolismo de cobre en rumiantes.

A visita continuará deseguido por outras instalacións universitarias da cidade de Lugo para rematar na Aula de Produtos Lácteos da USC.

Contenido patrocinado