A Escola Naútico pesqueria de Ribeira acolle unha exposición que recupera o patrimonio marítimo-cultural de Noia

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 7 febrero 2006 13:27

SANTIAGO DE COMPOSTELA 7 Feb. (EUROPA PRESS) -

A Escola Oficial Naútico-Pesqueira de Ribeira, dependente da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, acollerá dende o vindeiro xoves unha exposición que forma parte dun proxecto máis amplo para recuperar o patrimonio marítimo-cultural da vila de Noia.

A mostra recolle maquetas de antigas embarcacións, instrumentos de navegación, arquivos documentais e fotografías de pesca emarisqueo do século pasado. A exposición estará aberta ao público os días 9 e 10 de febreiro einclúe, entroutras reliquias pesqueiras, máquinas de vapor e motores en miniatura de combustión externa; cartas de navegación e cálculos náuticos; equipos dos séculos XVIII, XIX e XX, empregados para observar o sol; así como unha ampla colección de documentos entre os que se atopan manuais, libros e diarios de navegación.

Nun comunicado, a Xunta salientou que a mostra contará ademais cunha recopilación de fotografías nas que aparece retratada a vida dos mariñeiros noienses a partir dos anos 50. Asemade, os visitantes poderán ver auténticas xoias como unha maqueta dun barco de 1919, do que tamén se dispoñen os roles e a real patente de navegación.

Contenido patrocinado