A escritora Teresa Moure faise co 'XV Premio Irmandade do Libro', entregado pola Federación de Libreiros de Galicia

Actualizado: domingo, 19 marzo 2006 18:05

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Mar. (EUROPA PRESS) -

A escritora Teresa Moure, creadora de 'A xeira das árbores', resultou ser a gañadora do 'XV Premio Irmandade do Libro', concedido pola Federación de Libreiros de Galicia, na modalidade de Mellor Autora do ano 2005.

Segundo informou hoxe a agrupación de libreiros, os gañadores do resto das categorías serán coñecidos o mesmo día da entrega dos galardóns, que está fixada para o próximo 25 de marzo en Viveiro, na provincia de Lugo.

Así, na reunión mantida polo xurado tamén se dictaminaron os finalistas nas modalidades de centros de ensino e de librarías. Deste xeito, na categoría de centros educativos obtarán ao galardón o CEP Riomaior de Vilaboa e o CEIP Castrelo de Cambados, ambos na provincia de Pontevedra, e o CEP Monteporreiro, situado na cidade do Lerez.

Pola súa banda, as librarías entre as que sairá a vencedora do premio son a Libraría Santiago de Ribadeo (Lugo), a Libraría Aena da capital galega e a Libraría San Cristovo en Santa Comba (A Coruña).

Teresa Moure é Doutora en Lingüística e autora de novelas, coma 'A xeira das árbores', e ensaios, e gañou premios en ambos campos da creación --o Xerais no eido da narrativa e o Ramón Piñeiro no campo da reflexión--.