Un espectáculo de teatro fomentará mañá a lectura entre rapaces do Hospital Clínico de Santiago

Actualizado: domingo, 16 abril 2006 16:09

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Abr. (EUROPA PRESS) -

O grupo de teatro Migallas achegará mañá aos rapaces hospitalizados no Clínico de Santiago un espectáculo co que tentarán amosar as posibilidades de lecer que ofrece a lectura a través do humor e a ilusión.

Esta actuación enmárcase dentro da iniciativa 'Abril, mes dos libros', organizada pola Xunta e que conta cun programa co que tentan achegar o interese pola lectura a lugares que adoitan ficar afastados dos círculos culturais, como hospitais ou cárceres.

Neste senso, os rapaces do Hopistal Clínico de Santiago recibirán cadanseu lote de libros específicos segundo a súa idade. Ademais, a Consellería de Cultura e Deportes deixará no departamento de Pediatría unha escolma de libros para que os poidan utilizar futuros pacientes.