A 'Expedición Ultreia' remata mañá con escolares ourensáns como últimos pasaxeiros do 'Nauja'

Actualizado: martes, 4 julio 2006 14:45

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Jul. (EUROPA PRESS) -

A 'Expedición Ultreia', organizada pola Consellería de Medio ambiente e Desenvolvemento Sostible, remata mañá a súa xira 2006 en Marín e Vigo con escolares do mazico central ourensán e da Serra do Xurés como últimos tripulantes.

A expedición marítima a bordo do 'Nauja', un veleiro do ano 1930, percorre dende o pasado sábado 1 de xullo as Rías Baixas co obxectivo de que os escolares galegos coñezan e disfruten dos valores naturais da costa. A xira rememora a histórica travesía entre Muros e Vigo no ano 1932, dos mozos da asociación xuvenil Ultreia co profesor Álvaro das Casas ao fronte e a participación de moitos integrantes da Xeración Nós.

Os escolares que viaxan hoxe a bordo do 'Nauja' sairon está mañá do Grove e farán escala na Illa de Ons para desembarcar ás 18.30 horas na localidade pontevedresa de Marín. Mañá, último día da travesía, os escolares procedentes da Serra do Xurés faran o percorrido entre Marín e Vigo e farán escala nas Illas Cíes.