A Fundación Iniciativas 21 conmemorará os 25 anos do Estatuto de Autonomía cunha exposición itinerante

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 12 enero 2006 14:13

SANTIAGO DE COMPOSTELA 12 Ene. (EUROPA PRESS) -

A Fundación Iniciativas 21 conmemorará o 25 aniversario do Estatuto de Autonomía cunha exposición itinerante que analizará o momento histórico no que foi aprobado e a repercusión que tivo e ten na vida política, social, cultural e económica da comunidade, e que se acompañará dunha serie de conferencias e mesas coloquio.

A mostra '25 anos do Estatuto de Autonomía de Galicia' estructúrase en dúas partes fundamentais e percorrerá as sete cidades galegas e as cidades de Madrid, Barcelona e Bos Aires, entre outras.

A primeira parte ten un carácter xenérico e versa sobre o contexto histórico-cultural, político e social da época, ao tempo que alude tamén ao Estatuto Galego de 1936, aprobado pero que nunca chegou a entrar en vigor por mor da Guerra Civil.

A segunda parte aborda o proceso que se desenvolveu dende as primeiras negociacións da asemblea de parlamentarios en 1977 ata a aprobación en referéndum do Estatuto de Autonomía de Galicia o 21 de decembro de 1980, e a súa posterior ratificación polas Cortes xerais o 6 de abril de 1981.

A exposición dá conta de diverso material fotográfico, audiovisual e bibliográfico, que servirá de explicación do contexto histórico da época, así como carteleira do referéndum, material divulgativo da campaña institucional, declaracións e entrevistas a diversos persoeiros da época.

Contenido patrocinado