Inaugurada a XII edición da feira de artesanía popular de Oleiros (A Coruña) na que participan cerca de 25 profesionais

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 2 agosto 2006 19:23

A CORUÑA 2 Ago. (EUROPA PRESS) -

O alcalde de Oleiros (A Coruña), Ángel García Seoane, inaugurou hoxe a XII edición da feira de artesanía popular Alfaroleiros que este ano conta con preto de vintecinco profesionais e artesáns do barro procedentes de toda España.

Autoridades locais, membros da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial estiveron presentes no acto inaugural. Neste senso, a delegada de Cultura da Deputación da Coruña, Milagres Lantes, loubou unha iniciativa que "que está a promover e divulgar a riqueza cultural e a artesanía popular non só de Galicia senón de todo o territorio español", salientou.

Pola súa banda, o presidente da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, salientou o espírito alfareiro do municipio que dá nome ó mesmo destacando "a diversidade de pezas artesanais que se conxugan nunha feira emblemática e singular pola mestura de estilos e o volume de artigos que se poden ver e mercar".

VERBAS PARA O RECORDO

O alcalde de Oleiros agradeceu ós oleiros que, dende diversos puntos do país, acuden puntualmente cada ano á súa cita con Alfaroleiros. Ademáis, destacou, especialmente, a labor e o papel desempeñado por un dos artesáns máis asiduos á mostra, recentemente falecido.

García Seoane tamén lembrou a figura de José María Kaydeda, ausente por problemas de saúde, ó que describiu como " o auténtico e verdadeiro promotor e responsable de que Oleiros conte cunha feira destas características".

Durante esta mostra haberá exhibicións en directo e numerosas actividades culturais e musicais, organizadas polo Concello de Oleiros.

Contenido patrocinado